Vistas de página en total

martes, 24 de julio de 2012

VIAXES OPARABRISAS. A CITÂNIA DE BRITEIROS, UNHA MARAVILLA A MENOS DE DUAS HORAS EN COCHE.

Situada a dez km de Braga, a Citânia de Briteiros é un dos mais expresivos poboados proto-históricos da Península Ibérica,pola súa dimensión, pola monumentalidade das suas murallas, urbanismo e arquitectura.
O seu estudio comezou en 1875, cando Francisco Martíns Sarmento dirixiu a primeira campaña de traballos arqueolóxicos, que continuaron ó longo de todo o século vinte dando lugar o que hoxe podemos comtemplar: unha extensa área de ruínas, situadas nun alto onde se pode comtemplar o gran val do río Ave, onde os antigos habitantes podían organizar unha economía diversificada, de acordo coas estacións do ano, aproveitando un elenco moi variado de recursos. Ademais era un punto extratéxico, unha verdadeira cidade fortificada, sede dun dos varios pobos que formaban a Gallaecia.
A fase inicial de ocupación dátase no primeiro milenio a.de C., inseríndose  no periodo designado como Idade do Bronce Atlántico. A súa fase de maior auxe foi dende o século II a. de C. e o I despois de C, foi por tanto habitada en pleno imperio romano. As súas ruinas acreditan, pois uns dous milenios de historia.
A beleza do entorno, a enerxía que desprende, fai deste un lugar máxico por excelencia, e sempre se pode combinar cunha visita os belos xardíns do Bom Jesús, que só están a dez km. Saúdos cordiais a todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario