Vistas de página en total

viernes, 30 de diciembre de 2011

Foto roubada de alma veloz despois de secuestrar a Caperuchiña Vermella Bosque na súa casa ourensá, para evitarlle as festas do Nadal.


(As Burgas News). A coñecida familia Vermella Bosque denunciou a desaparición de Caperuchiña, a súa única filla, ó parecer secuestrada pola inclasificable Alma Veloz. Un veciño escoitou a eso das doce da noite o son dunha potente moto, conducida por alguén con moito pelo, e detrás viu a moza rindo a gargallada limpa. O veciño de nome Eladino, comentou que a rapaza non parecía moi disgustada.
A policia cre que os fuxitivos poden estar nalgún recuncho da penísula do Barbanza, porque se sospeita que Alma Veloz pode ter algún agocho pola zona.

1 comentario:

  1. Amigosss, o subersivo hoxe e ser feliz e guerrilleirosss. Recortessss de gaznates a clase económico-política.

    ResponderEliminar